Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

Simone de Beauvoir e "O Segundo Sexo"

Imaxe
Simone de Beauvoir Simone de Beauvoir naceu no seo dunha familia burguesa acomodada en París o 9 de Xaneiro de 1908 e morreu nesa mesma cidade o 14 de abril de 1986. Estudante avantaxada (en palabras do seu pai, "tiña a intelixencia dun home" ), rematou a súa formación superior moi nova e independizouse axiña da súa familia. Foi escritora, filósofa e profesora, defensora dos dereitos humanos en xeral e, particularmente, dos da Muller. O seu pensamento enmárcase na corrente filosófica do Existencialismo .   A súa obra "O segundo sexo" , publicada en 1949 e traducida a máis de 17 idiomas, converteuse nun clásico e nun dos escritos de referencia para o Feminismo mundial.  O SEGUNDO SEXO Composto por dous tomos ( "Os feitos e os mitos" e "A experiencia vivida" ) "O segundo sexo" xorde da vontade de reflexión que Beauvoir fai sobre a súa propia vida. Á pregunta de "que supuxo para min o feito de ser muller?...

Entrar na Casa...

Imaxe
Nestes tempos incertos de pandemia e corentena, todas nos reinventamos, todas nos reescribimos. Procuramos espazos novos para manternos en contacto, para seguir compartindo e para seguir coidándonos. E atopamos esta casa virtual, esta Casa que Habitamos, coas portas e as xanelas abertas recibíndonos. Damos comezo a este espazo de intercambio, inaugurámolo e celebrámolo. Benvidas! "A fiestra", P. Bonnard (1925)